Un álbum inédito no noso país para aprender a contar coa maxia e co humorádo extraordinario Maurice Sendak.
Mino, o mago, axita a variña e zas!, saca un coello da chistera. Logo dous, tres,ácatro..., así ata dez. Que difícil controlar tantos orelludos que choutan e seáagochan por calquera lugar! Ata que Mino axita de novo a súa variña e... alehop!,áun a un, os coellos van desaparecendo por arte de encantamento.
Continúa o legado de Maurice Sendak con este divertido e disparatado álbum queáse publica 12 anos despois do seu falecemento. O seu protagonista é outro nenoáálter ego de Sendak, como Max (?Onde viven os monstros?), Miguel (?Na cociñaáde noite?, ?Miguel. Conto exemplar?) ou Xoán (?O un era Xoán?), que nos ensina aácontar cara adiante e cara atrás con humor e orixinalidade a través de dez coellosárebeldes que aparecen e desaparecen por arte de maxia.á
As múltiples expresións de Mino e a habilidade de Sendak para capturar todo tipoáde emocións engaiolan os lectores e as lectoras, atraídos non só pola crecente marea de coelliños peludos,